Esta lei declara como un dereito a posibilidade da relación electrónica coa Administración e, por tanto, establece como obriga desta última a implementación dos instrumentos e sistemas necesarios.
O obxectivo último da LAECSP é a implantación do expediente electrónico multicanle. Isto supón a creación e xestión de documentación con rastrexabilidade dixital desde o propio front-office de calquera organismo pertencente a calquera nivel da Administración pública, sexa esta de carácter municipal, autonómico ou estatal.
Máis alá de establecer este obxectivo último, a Lei 11/2007 detalla tamén algúns elementos de obrigado cumprimento na súa consecución. Por exemplo, ditamina sobre os criterios necesarios para a validez legal dos documentos emitidos por medios electrónicos ou telemáticos. Institúe tamén para o usuario dos servizos públicos electrónicos a posta ao seu dispor de información sobre o estado da súa tramitación. Esta información debe incluír polo menos a identificación do órgano ou unidade responsable e a fase en que se encontra o procedemento. A lei asiste o cidadán no dereito a non ter que presentar a documentación que estea xa no poder das administracións públicas, e permite o cambio de soporte ou de formato do documento sen que este perda valor probatorio.
En definitiva, o espírito da Lei 11/2007 impulsa unha adaptación e simplificación dos procedementos administrativos potenciando a transformación duns servizos públicos centrados no cidadán e non no propio trámite ou proceso.
O obxectivo último da LAECSP é a implantación do expediente electrónico multicanle. Isto supón a creación e xestión de documentación con rastrexabilidade dixital desde o propio front-office de calquera organismo pertencente a calquera nivel da Administración pública, sexa esta de carácter municipal, autonómico ou estatal.
Se quere saber que retos supón cumprir a dita lei e como Adobe PDF e Adobe® Acrobat® 9 o/a poden axudar, descargue o informe completo sobre a Lei 11/2007.

O Departamento de Facenda e Finanzas da Deputación Foral de Bizkaia, en colaboración coa empresa pública Lantik, emprega solucións Adobe para facilitar a consulta de datos fiscais aos seus máis de 700.000 contribuíntes.

Instituto de Emprego. Servizo Público de Emprego Estatal:
Solicitude
de subsidio
por desemprego (603Kb PDF) ›
Copyright © 2009 Adobe Systems Incorporated. Reservados todos os dereitos.
O uso desta páxina web supón a aprobación dos termos e condicións de uso.